Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2014 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Grovense de Mejillones, S.A. (concello do Grove). Clave DH.D36.43239.

No 11 de febreiro de 2014 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de clave DH.D36.43239 seguido contra Grovense de Mejillones, S.A. pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícase a proposta de resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela está ao seu dispor nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia