Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2013/207-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Delagro Sociedad Cooperativa.

Domicilio social: pol. ind. Almuña-Barcia, parcela 11, 33700 Valdés, Luarca.

Denominación: CS e CT de 400 kVA para subministración a industria de fertilizantes.

Situación: pol. ind. Penapurreira C-3B, As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: CS e CT de 400 kVA, relación de transformación 20 kV/420 V, refrixeración aceite natural (onan) en baño de aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outorgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña