Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11525

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área deste servizo.

A base 8.1.4 da Resolución deste centro directivo do 30 de abril de 2013, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, establece que os exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar e na hora que se fixen nunha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles.

De conformidade coa antedita base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área do Servizo Galego de Saúde, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de abril de 2013, para a realización dos exercicios que integran a fase de oposición.

Os exercicios realizaranse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida-Sur, Santiago de Compostela, na data, hora e aula/s que para cada unha das especialidades se detallan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

Terceiro. Os/as aspirantes serán convocados/as nun único chamamento e serán excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. Non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

De conformidade co establecido na base 8.1.4 da resolución de convocatoria realizaranse os diversos exercicios na mesma data, para a mesma especialidade en unidade de acto e de tempo, cambiando a orde de realización.

No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas que se atopen ingresadas no mesmo día do exame realizar os distintos exercicios da fase de oposición, derivados deste proceso selectivo. Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados nos chamamentos para a realización dos exames, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificasen e solicitasen no fax da Dirección Xeral de Recursos Humanos 881 54 28 18 ou a través do seguinte enderezo de correo electrónico: recursos.humanos@sergas.es ata 72 horas de antelación á data de realización dos exercicios.

Cuarto. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderá utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, e queda prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos, constituíndo causa de inadmisión ao chamamento a mera tenza deles. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Quinto. Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas interesadas nos termos previstos na base 11.2 da resolución de convocatoria.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Data

Especialidade

Hora

Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Dereito
Campus Sur

Sábado, 5 de abril de 2014

Análises clínicas

16.00

Aula 1

Anestesioloxía e reanimación

16.00

Salón Actos

Cirurxía oral e maxilofacial

16.00

Aula 4

Dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía

16.00

Aula 4

Medicina intensiva

16.00

Aula 7

Nefroloxía

16.00

Aula 5

Otorrinolaringoloxía

16.00

Aula 6

Reumatoloxía

16.00

Aula 5

Domingo, 6 de abril de 2014

Alergoloxía

9.30

Aula 5

Anatomía patolóxica

9.30

Aula 8

Aparello dixestivo

9.30

Aula 7

Cirurxía plástica, estética e reparadora

9.30

Aula 4

Neurocirurxía

9.30

Aula 5

Neuroloxía

9.30

Aula 6

Uroloxía

9.30

Aula 4

Sábado, 12 de abril de 2014

Cirurxía ortopédica e traumatoloxía

9.30

Salón Actos

Cirurxía xeral e do aparello dixestivo

9.30

Aula 1

Endocrinoloxía e nutrición

9.30

Aula 6

Hematoloxía e hemoterapia

9.30

Aula 7

Neurofisioloxía clínica

9.30

Aula 8

Obstetricia e xinecoloxía

9.30

Aula 1

Oncoloxía radioterápica

9.30

Aula 6

Pediatría e as súas áreas específicas

9.30

Aula 4 - Aula 5

Pneumoloxía

9.30

Aula 8

Radiodiagnóstico

9.30

Salón Actos

Domingo, 13 de abril de 2014

Cardioloxía

9.30

Aula 7

Cirurxía torácica

9.30

Aula 8

Farmacia hospitalaria

9.30

Aula 1

Medicina física e rehabilitación

9.30

Aula 5

Medicina interna

9.30

Salón Actos

Microbioloxía e parasitoloxía

9.30

Aula 6

Oftalmoloxía

9.30

Aula 4

Oncoloxía médica

9.30

Aula 8

Psiquiatría

9.30

Aula 1