Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de xestión de residuos de diversos centros, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIV1-14-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 36.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIV1-14-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión de residuos de diversos centros da Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si; 2 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90513000-6 e 90520000-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

80

Organización do servizo

20

4. Valor estimado do contrato: 474.598,18 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 237.299,09 €. IVE (10 %): 23.729,91 €. Importe total: 261.029,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: si. Véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 14.4.2014.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26.2.2014.

Vigo, 26 de febreiro de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo