Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 811/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Parga Brocos contra as empresas Iglesias Miras, S.A., Climatizaciones Compostela, S.A., Promociones Raplou, S.L. e outros, ditouse a seguinte resolución:
Decreto
Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage
En Santiago de Compostela o vinte e cinco de febreiro de dous mil catorce.
Parte dispositiva
Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordo o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.
Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.
Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).
A secretaria xudicial
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Iglesias Miras, S.A., Climatizaciones Compostela, S.A. e Promociones Raplou, S.L., por estaren en ignorado paradoiro, insírese o presente no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014
A secretaria xudicial
