Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 3 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación de resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 2013/000278-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relacionan, a resolución do recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, Vigo, r/ Concepción Arenal, 8, 4º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000278-5.

Denunciado: José Luis Martínez Filgueira.

NIF: 53482017W.

Enderezo: rúa Llorente, nº 32, entreplanta, Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 300 euros.

Resolución: desestimatoria, confirmando a resolución impugnada.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), o importe de devandita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpre os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderá solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 3 de marzo de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra