En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lei 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
Servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital en Galicia.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 2, do 3 de xaneiro de 2014.
2. Orzamento base de licitación: 97.000 euros (IVE excluído).
3. Adxudicación.
a) Data: 17 de febreiro de 2014.
b) Contratista: IDOM-Ingeniería y Consultoría, S.A.
c) Importe da adxudicación: 90.938,76 euros (IVE excluído).
4. Data de formalización do contrato: 19 de febreiro de 2014.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014
María Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios