Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11639

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a prestación do servizo de despacho delegado ou centro de control para as plantas de coxeración e planta termoeléctrica de Sogama e envío de sinais da subestación de 220 kV do Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0003/2014).

Data límite para a presentación das ofertas: 7 de abril de 2014, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 22 de abril de 2014, ás 11.00 horas.

O prego de concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de contratación pública de Galicia www.contratosdegalicia.es

– www.sogama.es, epígrafe de Perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 12 de marzo de 2014

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.