Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (244/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza.

Na Coruña o nove de outubro de dous mil trece.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 244/2013, seguidos por instancia de Máximo Tahoces Arias, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a entidade Construcciones Vixoy, S.L., que non comparece, administración concursal de Construcciones Vixoy, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre despedimento.

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Máximo Tahoces Arias, contra a entidade Construcciones Vixoy, S.L., administración concursal de Construcciones Vixoy, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 18 de xaneiro de 2013, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Construcciones Vixoy, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.233,34 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Construcciones Vixoy, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizasen nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 26 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial