O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia é un órgano non colexiado superior de consulta e asesoramento da Consellería de Sanidade.
Segundo o disposto na Orde do 25 de maio de 2005 pola que se regula a composición, organización e funcionamento do Consello Asesor do Sistema Sanitario de Galicia, modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011, os membros do consello serán nomeados pola persoa titular da Consellería de Sanidade mediante orde, por un período de tres anos renovables, sen prexuízo da súa libre remoción e substitución.
Tendo en conta a natureza temporal das designacións dos membros integrantes deste órgano asesor, faise necesario renovar a súa composición e nomear os seus novos membros.
En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a Orde do 25 de maio de 2005, modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011,
DISPOÑO:
Artigo único. Proceder á renovación dos membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia, que queda composto da forma indicada no anexo.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto na presente orde.
Disposición derradeira
A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014
Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Composición do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia
– Alfonso Castro Beiras.
– Luciano Vidán Martínez.
– Enrique Castellón Leal.
– Francisco Javier Carballo García.
– Belén Piñeiro Bóveda.
– Berta García Fraguela.
– Alfredo García Iglesias.
– Carlos González Guitián.
– José Castillo Sánchez.
– Jaime Torres Rey.
– Ángel Jorge-Echeverry Barreiro.
– Javier Martínez Pérez-Mendaña.
– José Machuca Santa Cruz.
– Jesús Vázquez Almuíña.
– José Antonio Seoane Rodríguez.
– Ángel Carracedo Álvarez.