Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/52-2, 8136 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS San Cibrao-San Fiz (alimentación á U.A. Sur-K).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMTS en canalización existente (circuíto 1) con orixe nunha cela existente da subestación de San Cibrao e final nunha cela de liña existente do CT 7 da unidade de actuación Sur-K, cunha lonxitude de 6.690 metros de condutor tipo RHZ1-3×(1×400 mm2 AI).

• LMTS en canalización existente (circuíto 2) con orixe nunha cela existente da subestación de San Cibrao e final nunha cela existente do CT rúa das Laxes, cunha lonxitude de 6.810 metros de condutor tipo RHZ1-3×(1×400 mm2 AI).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas