Unha vez intentada a notificación das resolucións segundo o disposto no artigo 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Concepción Arenal 8-2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e a obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Vigo, 21 de febreiro de 2014
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: TR349A 2013/218-5.
DNI/NIF/CIF: 35476547J.
Nome ou razón social: Manuel Iglesias García.
Último enderezo coñecido: rúa Castro nº 1 bx., 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Tipo de axuda: axuda á contratación indefinida inicial.
Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.
Data da resolución: 4.11.2013.
Nº de expediente: TR349A 2013/223-5.
DNI/NIF/CIF: B94077260.
Nome ou razón social: Organization of International Events, S.L.
Último enderezo coñecido: Polg. Industrial As Afieiras 8-2º A, 36600 Moraña (Pontevedra).
Tipo de axuda: axuda á contratación indefinida inicial.
Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.
Data da resolución: 22.11.2013.
Nº de expediente: TR349A 2013/224-5.
DNI/NIF/CIF: B94077260.
Nome ou razón social: Organization of International Events, S.L.
Último enderezo coñecido: Polg. Industrial As Afieiras 8-2º A, 36600 Moraña (Pontevedra).
Tipo de axuda: axuda á contratación indefinida inicial.
Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.
Data da resolución: 22.11.2013.
