Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica ao interesado a citación para a realización das probas de saneamento gandeiro na explotación con código REGA ES270440155101.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois intentar a notificación persoal e descoñecer o paradoiro, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 1º.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 28 de febreiro de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: probas de saneamento gandeiro.

Acto notificado: citación.

Interesado: Feliciano Álvarez Antón (DNI: 28961152N).