Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11722

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Estatística

ORDE do 27 de febreiro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no organismo autónomo Instituto Galego de Estatística dependente desta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais da Consellería de Facenda ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionados para ocupar os postos de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa administración de orixe, considerándose neste sentido de non se emitir no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal se seleccionou.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

A persoa titular da consellería onde preste servizos o/a funcionario/a poderá, non obstante, diferir o cesamento, por necesidades do servizo, ata vinte días hábiles, o cal deberá ser comunicado á unidade a que sexa destinado o/a funcionario/a.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fontefiz
Conselleira de Facenda

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Síntese, Análise e Difusión.

Código: FC.A01.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Instituto Galego de Estatística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral (escala de estatística).

Adscrición administracións públicas: A20(6) Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA e do Instituto Nacional de Estatística.

Formación específica: para persoal doutra administración curso de perfeccionamento de galego (RI).

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Análise e Estudos.

Código: FC.A01.00.002.15770.020.

Nivel: 28.

Dependencia: Instituto Galego de Estatística-Subdirección Xeral de Síntese, Análise e Difusión.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1-A2.

Corpo/escala: xeral (escala de estatística).

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a persoal funcionario da Administración da Xunta de Galicia).

Formación específica: 614 Experiencia na elaboración de estatística de síntese (sistema de indicadores, números índices, contas económicas e proxeccións) e análise socioeconómica (mérito).

missing image file
missing image file