Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun establecemento dedicado á recollida, clasificación e compactación de papel e cartón no polígono industrial.

José Antonio Caneiro Fernández, en representación de Xestión Ambiental Ourensana, S.L., solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado á recollida, clasificación e compactado de papel e cartón no edificio situado na rúa 15, núm. 5 do polígono industrial deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 10 de marzo de 2014

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde