De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante esta cédula a Dolores Suárez Camino o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 5 de decembro de 2013, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio nº 314 sito en Santiago de Compostela relativo ao proxecto 00252, expediente 2007/000621, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00252 colector xeral do río Sar. Treito: Pontepedriña-Ponte San Lázaro. TM Santiago de Compostela.
Nº de expediente: 2007/000621.
Persoa que se vai notificar: Dolores Suárez Camino.
Expropiante: Concello de Santiago de Compostela.
Expropiada: Dolores Suárez Camino.
Beneficiario: Concello de Santiago de Compostela.
Predio nº: 314.
Concello: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do Xurado: 22.289,40 €.