De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante esta cédula a José Ramón González Queiruga o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 21 de novembro de 2013, que fixa o prezo xusto do predio nº 2 sito en Ribeira relativo ao proxecto 01248, expediente 2012/002283, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 01248-LMT, CT, RBT Olveira de Arriba. Expediente IN407A 07/178. TM Ribeira.
Nº de expediente: 2012/002283.
Persoa que se vai notificar: José Ramón González Queiruga.
Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.
Expropiado: José Ramón González Queiruga.
Beneficiaria: Unión Fenosa.
Predio nº: 2.
Concello: Ribeira.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do Xurado: 104,99 €.