Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 6 de marzo de 2014, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia nos expedientes 27.038/2014 e 27.039/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 6 de marzo de 2014

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27.038/2014 e 27.039/2014.

Interesado: Andrés Miguel Alomia León (Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L.).

NIF: 35587154J.

Acto notificado: acordo de iniciación do 10 de febreiro de 2014.