Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1213/2011).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1213/2011 por instancia de María Martínez Patiño contra a empresa Leix Mantenimiento Integral, S.L., sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 24.2.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así.

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por María Martínez Patiño contra Leix Mantenimiento Integral, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Leix Mantenimiento Integral, S.L. a lle aboar a María Martínez Patiño a cantidade de tres mil trescentos setenta e dous euros con dezasete céntimos (3.372,17 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución e para o cal abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta neste xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Leix Mantenimiento Integral, S.L., expido e asino a este edicto.

A Coruña, 28 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial