Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 12013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de estabulación libre de gando vacún de leite, fosa de xurro, legalización de dous almacéns e licenza de actividade da explotación existente en Ferreiros (A Riba).

Cubela Xuga, SAT solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación de estabulación libre de gando vacún de leite, fosa de xurro, legalización de dous almacéns e licenza de actividade da explotacion existente no lugar de Ferreiros, parroquia da Riba. En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente na oficina técnica deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamación ou observacións que se consideren oportunas.

A Baña, 26 de febreiro de 2014

José Andrés García Cardeso
Alcalde