Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 12015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave almacén agrícola para ampliación de explotación gandeira de leite existente en Salgueiros.

Ganadería Colorado, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave almacén agrícola para ampliación de explotación gandeira de leite existente no lugar de Salgueiros. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 14 de marzo de 2014

José Antonio Casais Fernández
Alcalde accidental