Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 12018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación da adxudicación dos servizos de realización da primeira fase dos inventarios de bens e dereitos deste concello e dos seus organismos autónomos e entes dependentes.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local. Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Servizos de realización da primeira fase dos inventarios de bens e dereitos do Concello de Pontevedra e dos seus organismos autónomos e entes dependentes.

3. Tramitación e procedemento.

Procedemento aberto e con pluralidade de criterios de adxudicación, de conformidade cos artigos 138.2 e 157 e seguintes do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

4. Canon.

Orzamento máximo do contrato: 72.600 euros, incluído o IVE. O IVE total equivale á cantidade de 12.600 euros.

5. Garantías.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Municipal, situado na rúa Don Filiberto, oficinas municipais do Teatro Principal, 3º andar, Pontevedra. Teléfono: 986 86 86 11,
fax: 986 84 13 86. Perfil do contratante do concello: www.pontevedra.eu. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

Durante os vinte e seis (26) días hábiles seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación (no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia ou no perfil do contratante).

8. Documentación que cómpre presentar.

A sinalada no artigo 27 do prego de condicións económico-administrativas.

9. Lugar de presentación.

Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, situado na rúa Michelena, número 30, das 9.00 ás 13.00 horas (do 16 de xuño ao 15 de setembro), ou das 8.30 ás 13.30 horas (resto do ano).

10. Criterios de adxudicación.

Os sinalados no artigo 29 do prego de condicións económico-administrativas.

11. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2014

Vicente García Legísima
Concelleiro de Goberno delegado da Área de Réxime Interior e Persoal