Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de xestión dos fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas públicas de Galicia, así como doutro material dependente desta consellería, depositados nun almacén do polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19831

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 219, do 15 de novembro de 2013.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición: xestión dos fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas públicas de Galicia, así como doutro material dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, depositados nun almacén do polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 140.495,87 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 27 de febreiro de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 28 de febreiro de 2014.

c) Contratista: Eulen, S.A.

d) Importe da adxudicación: 102.000,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria