Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12116

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2014 pola que se aproban e fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning), grupo II desta universidade, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 3 de decembro de 2013, (DOG do 17 de decembro e BOE do 25 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning), grupo II da USC, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela