Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12526

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 6096/2013 en relación co artigo 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, na redacción dada a este polo artigo 21 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, por posible vulneración do artigo 23.2 da Constitución.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 10 de marzo actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 6096/2013 formulada pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario número 629/2011, en relación co artigo 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, na redacción dada a este polo artigo 21 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, por posible vulneración do artigo 23.2 da Constitución, e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) LOTC, reservar para si o coñecemento da presente cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 LOTC, os que sexan parte no procedemento ordinario número 629/2011 poderán comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes á publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 10 de marzo de 2014

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional