Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2014 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre os viveiros de cultivos mariños Jupiter II e Masa III.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre bateas, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 12.11.2013, Luis Santorun Calo (35401718-A) e Manuel Santorun Calo (35407267-D) solicitaron permiso para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Jupiter II e Masa III.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos das bateas.

b) Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nas bateas de cultivos mariños (DOG nº 83).

Vistos os antecedentes citados, e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería resolve outorgarlles a Luis Santorun Calo (35401718-A) e Manuel Santorun Calo (35407267-D) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Jupiter II.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 111.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titulares: Dolores Pérez Tourís (35411749-Y) e Luis Santorun Calo (35401718-A).

Subtipo: batea.

Nome: Masa III.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 98.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titulares: Manuel Santorun Calo (35407267-D) e Miguel Ángel Santorun Hermida (35449434-E).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que queda como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Jupiter II.

Localización: cuadrícula nº 98.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Subtipo: batea.

Nome: Masa III.

Localización: cuadrícula nº 111.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de xaneiro de 2014

P.D. sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo