Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13108

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante, pola quenda de promoción interna, á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de arquitecto/a, grupo I, desta universidade.

Mediante Resolución do 2 de decembro de 2013 (DOG do 16 de decembro e BOE do 24 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de arquitecto/a, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución do 23 de xaneiro de 2014 (DOG do 4 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de servizos administrativos e da Biblioteca Intercentros e na páxina web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. O aspirante admitido pola quenda de promoción interna está exento de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar o aspirante admitido pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 7 de maio de 2014, ás 11.00 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realice o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

De non cubrirse a vacante por promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela