Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13112

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1079/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña fai saber, que no procedemento seguridade social 1079/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa M.M. Decoplain, S.L.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de marzo de 2014.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1079/2011, en que foron parte, dun lado como demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada pola letrada Alicia Llan Lodos e, como demandados Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados pola letrada Natalia Suárez Herva, e a empresa M.M. Decoplain, S.L.L., que non comparece, sobre responsabilidade empresarial en prestacións derivadas de A.T., pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución debo estimar e estimo parcialmente a acción exercida pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á empresa M.M. Decoplain, S.L.L., ao INSS e á TXSS e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.595,8 euros polas prestacións derivadas dos accidentes de traballo indicados no feito probado segundo e no fundamento xurídico 3º, con responsabilidade subsidiaria do INSS, para o caso de insolvencia da empresa, polo importe dos 3.000,26 euros que satisfixo directamente a mutua demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por tal cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a M.M. Decoplain, S.L.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

A secretaria xudicial