Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2014 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente na adecuación do sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF) á nova normativa sobre facturación electrónica, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2014-002A.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na adecuación do sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF) á nova normativa sobre facturación electrónica, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 22.1.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 195.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 195.000 €.

b) Importe total: 235.950 €.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 10.3.2014.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 171.600 euros. Importe total: 207.636 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2014: 138.424 €.

Exercicio 2015: 69.212 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable