Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13320

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo

EDICTO (287/2013).

María de la Concepción Albés Blanco, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario nº 287/2013, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a José Pose Antelo, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 166/2013.

Xuíza que a dita: Yolanda Rodríguez Sánchez.

Lugar: Vigo.

Data: dezaseis de outubro de dous mil trece.

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

Avogado: Carlos Baltar Pombo.

Procurador: Jesús Antonio González-Puelles Casal.

Demandados: José Pose Antelo, Celia Villar Fernández.

Procedemento ordinario 287/2013.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Estímase substancialmente a demanda presentada polo procurador Jesús González Puelles Casal, en nome e representación da entidade BBVA, contra José Pose Antelo e Celia Villar Fernández.

Condénase a parte demandada ao aboamento da suma de 10.374,57 euros, cos intereses legais desde a data de presentación da demanda (26.4.2013), e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución e ata o seu completo pagamento.

Impóñense as custas á parte demandada.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, levándose o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 2745.0000.04.0287.13, sinalando no campo «concepto» a indicación «recurso», seguida do código «02 civil-apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso», seguida do código «02 civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E encontrándose o devandito demandado, José Pose Antelo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 17 de decembro de 2013

A secretaria xudicial