Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13309

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional enxeñeiro/a industrial, grupo I, desta universidade.

Por Resolución do 20 de novembro de 2013 (DOG do 2 de decembro e BOE do 12 de decembro de 2013), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a industrial, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 23 de xaneiro de 2014 (DOG do 4 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na páxina web: http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. O aspirante admitido pola quenda de promoción interna, está exento de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar o aspirante admitido pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 28 de abril de 2014, ás 10.00 horas, na Sala X3.2 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html.

De non cubrirse a vacante por promoción interna as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela