A Baña Vermella, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para acondicionamento de semisoto destinado a cafetaría, no lugar do Faílde, parroquia de Suevos. En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na oficina técnica deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamación ou observacións que se consideren oportunas.
A Baña, 6 de marzo de 2014
José Andrés García Cardeso
Alcalde
