Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014012AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de febreiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2014012AL-CO incoado a Chancris de Asturias, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Chancris de Asturias, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 7 de marzo de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014012AL-CO.

Interesada: Chancris de Asturias, S.L. (La Tanguita Roja).

DNI/NIF/CIF: B70377932.

Último enderezo coñecido: Somport, 2, 2º d, 15704 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007). Anexo II. Capítulo XII. 1), 2).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Art. 50.1.a), art. 51.1 e art. 52.1.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 90 €.