Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14071

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2014 pola que modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2014 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, en virtude de resolución do recurso de reposición interposto contra a adxudicación do posto número 50 e se dá publicidade ao acordado nel.

Por Resolución do 27 de febreiro de 2014 (DOG núm. 42, do 3 de marzo), resolveuse o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia convocado por Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2013 (DOG núm. 40, do 3 de marzo).

No anexo I da dita resolución adxudícase o posto número 50, PR.C02.00.002.15770.112, auxiliar administrativo/a Rexistro e Información, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela a María Luz Vázquez Ferradás.

Interposto recurso de reposición contra a dita adxudicación, este foi estimado por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de marzo de 2014, na cal se acorda deixar sen efecto a adxudicación do posto número 50 a María Luz Vázquez Ferradás e adxudicalo a María del Pilar Martínez Manso.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o anexo I da Resolución do 27 de febreiro de 2014 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo na Administración xeral da Xunta de Galicia no sentido de adxudicar o posto con código PR.C02.00.002.15770.112, auxiliar administrativo/a Rexistro e Información, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela, a María del Pilar Martínez Manso cunha puntuación de 15,950.

Segundo. Publicar a adxudicación efectuada en vía de recurso do posto con código FC.C08.00.000.15770.005, auxiliar administrativo/a da Consellería de Facenda a María Luz Vázquez Ferradás.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Admnistrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública