Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14097

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2014, da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se convoca concurso de méritos e entrevista para vinculación temporal de diversas prazas de persoal licenciado sanitario do Complexo Hospitalario de Pontevedra e do Hospital do Salnés.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011) e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada por Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), o xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos e entrevista, varios postos de persoal licenciado sanitario, facultativos especialistas de área que se relacionan no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo 2 de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 1 mes natural contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario de Pontevedra e do Hospital de O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 26 de febreiro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Especialidade

Grupo

Total

Anestesioloxía e Reanimación

A1

1 vacante en CHOPO/área Pontevedra

1 vacante H. Salnés/área Salnés

Anatomía Patolóxica

A1

1 vacante CHOPO/área Pontevedra

Cardioloxía

A1

2 vacantes en CHOPO/área Pontevedra

Cirurxía Ortopédica eTraumatoloxía

A1

1 vacante en CHOPO/área Pontevedra

Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

A1

3 vacantes en CHOPO/área Pontevedra

Medicina Interna

A1

1 vacante en CHOPO/área Pontevedra

1 vacante en Salnés/área Salnés

Medicina Preventiva

A1

1 vacante en CHOPO/área Pontevedra

Oftalmoloxía

A1

1 vacante CHOPO/área Pontevedra

Uroloxía

A1

1 vacante CHOPO/área Pontevedra