Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14025

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 13 de novembro de 2013 pola que se adxudican as axudas da Orde do 2 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 2 de agosto de 2013 (DOG núm. 152, do 9 de agosto) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.

A Resolución do 13 de novembro de 2013 (DOG núm. 224, do 22 de novembro) adxudica as axudas ás universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) que contraten as persoas candidatas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que aparecen na dita resolución.

No artigo 13 da orde de convocatoria establécese que, no caso de que se produza algunha renuncia, se poderán adxudicar as axudas aos solicitantes da lista de agarda, sempre que a renuncia se produza dentro do prazo de catro meses a partir da data de resolución, sen que en ningún caso o período das axudas poida superar o período indicado no artigo 3 da Orde do 2 de agosto de 2013.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentadas por 5 candidatos/as seleccionados/as das modalidades A e B,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas nas modalidades A e B polos/as candidatos/as seleccionados/as que se relacionan no anexo I.

Segundo. Adxudicar as axudas aos/ás candidatos/as das listas de agarda das modalidades A e B que se relacionan no anexo II. Os novos contratos deberán formalizarse con data do 1 de maio de 2014.

Terceiro. Declarar extinguidas as listas de agarda unha vez rematado o prazo de substitucións.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG, segundo a data de inicio dos contratos, das renuncias producidas e das novas adxudicacións.

Modalidade A: 70 axudas financiadas ao 100 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº axudas

2014

2015

2016

2017

Total

09.40.561B.444.0

UDC

12

203.166,70

234.000,00

234.000,00

25.333,30

696.500,00

USC

43

697.351,11

838.500,00

838.500,00

121.148,89

2.495.500,00

UVIGO

15

249.212,33

292.500,00

292.500,00

35.787,67

870.000,00

Total

70

1.149.730,14

1.365.000,00

1.365.000,00

182.269,90

4.062.000,04

Modalidade B: 12 axudas financiadas ata un 80 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº axudas

2014

2015

2016

2017

Total

09.40.561B.444.0

USC

3

45.735,90

54.300,00

54.300,00

7.064,10

161.400,00

UVIGO

9

126.588,57

162.900,00

162.900,00

33.311,43

485.700,00

Total

12

172.324,47

217.200,00

217.200,00

40.375,53

647.100,00

Modalidade C: 12 axudas financiadas ata un 80 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº axudas

2014

2015

2016

2017

Total

09.40.561B.444.0

USC

12

182.943,60

217.200,00

217.200,00

28.256,40

645.600,00

Total

12

182.943,60

217.200,00

217.200,00

28.256,40

645.600,00

Quinto. As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixe 3, tema prioritario 74, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80 %. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e os/as solicitantes contratados/as deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

O complemento de 500 € anuais que se recolle no artigo 3 da orde de convocatoria non é un custo subvencionable no marco do FSE, por canto non se trata dun custo directamente derivado da contratación do persoal investigador, senón do financiamento do gasto en que incorren as universidades beneficiarias para a correcta tramitación do programa.

Sexto. Xunto coa primeira xustificación a entidade beneficiaria das axudas remitirá unha declaración responsable de que se mantén unha separación contable adecuada ou un código contable axeitado para os gastos cofinanciados polo FSE, tal como se recolle no artigo 60 do Regulamento (CE) núm. 1083/2006, que regula as funcións da autoridade de xestión.

Sétimo. O artigo 9 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. No artigo 10 da orde de convocatoria establécese o réxime de incompatibilidades, polo que non se poden percibir outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade ou realizar outro traballo remunerado. Para o control deste punto, ademais das declaracións responsables doutras axudas, é necesario achegar unha copia do informe da vida laboral das persoas contratadas para cada anualidade, é dicir, na prórroga do correspondente contrato, así como á súa finalización.

Enténdese a mesma obriga para aqueles que renuncian ao seu contrato antes de finalizar o programa. Neste caso, a citada documentación presentarase transcorrido un mes desde a súa renuncia, xunto cun informe da universidade beneficiaria en que se indique se a persoa contratada desenvolveu durante a súa permanencia unha actividade satisfactoria que permitise o seu perfeccionamento e especialización profesional durante a permanencia no programa.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Renuncias aceptadas da listaxe de concedidos

Modalidade A:

Nº expediente

Universidade

DNI/NIE

1º apelido

2º apelido

Nome

Área de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Total

Clúster

PRE/2013/390

UVIGO

*****736D

Estévez

Martínez

Olivia

Ciencias

1

 

 

41,9031

 

PRE/2013/063

USC

*****244Z

de Valenzuela

Bandín

Ángela Lucía

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

 

 

42,0686

 

PRE/2013/122

USC

*****316J

Iglesias

Cancela

Yolanda

Artes e Humanidades

1

 

 

43,4009

 

Modalidade B:

Nº expediente

Universidade

DNI/NIE

1º apelido

2º apelido

Nome

Área de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Total

Clúster

PRE/2013/364

UVIGO

*****473J

Cartelle

Álvarez

Víctor

Ciencias

2

1

 

51,0023

Observación do océano e cambio global

PRE/2013/477

UVIGO

*****230Z

Rodríguez

Paz

José

Enxeñaría e Arquitectura

1

2

 

35,4955

Progreso tecnolóxico, enxeñaría e xestión

ANEXO II
Candidatos da listaxe de agarda adxudicados

Modalidade A:

Nº expediente

Universidade

DNI/NIE

1º apelido

2º apelido

Nome

Área de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Total

Clúster

PRE/2013/057

USC

*****526A

Corral

Pérez

Isabel

Artes e Humanidades

1

 

 

40,7501

 

PRE/2013/249

UDC

*****485S

Barreiro

Gen

María

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

 

 

40,6399

 

PRE/2013/091

USC

*****463X

García

Álvarez

Jesús

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

 

2

40,6321

Vida saudable e saúde

Modalidade B:

Nº expediente

Universidade

DNI/NIE

1º apelido

2º apelido

Nome

Área de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Total

Clúster

PRE/2013/395

UVIGO

*****685J

Fernández

Nóvoa

Diego

Ciencias

2

1

 

34,9667

Observación do océano e cambio global

PRE/2013/474

UVIGO

*****962Y

Rodríguez

Díaz

Laura

Ciencias

2

1

 

34,2376

Observación do océano e cambio global