Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14000

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 18 de marzo de 2014 pola que se suprime o Rexistro Auxiliar do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente logo de informe da Oficina de Rexistro Xeral.

O Servizo de Coordinación da Área Cultural, unidade administrativa adscrita á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tal e como dispón o Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), localizábase na rúa Durán Loriga, nº 3, na cidade da Coruña.

Esas dependencias foron ocupadas polas unidades administrativas adscritas á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade.

Con data do 1 de novembro de 2013, o Servizo de Coordinación da Área Cultural trasladouse ao edificio administrativo da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, onde se atopa o Rexistro Xeral. En consecuencia, o Rexistro Auxiliar do Servizo de Coordinación da Área Cultural, necesario ata agora no enderezo Durán Loriga, nº 3, pasa a ser innecesario, posto que este servizo pode servirse do Rexistro Xeral.

Todas estas modificacións fanse co obxecto de adaptarse á situación actual, tendo sempre en conta os principios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Conforme o anterior, cómpre proceder á supresión do Rexistro Auxiliar do Servizo de Coordinación da Área Cultural. A actividade desta unidade pasará a ser ofrecida pola Oficina do Rexistro Xeral, situada no edificio administrativo da Coruña (sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008).

Polo exposto, e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Suprímese o Rexistro Auxiliar do Servizo de Coordinación da Área Cultural. A actividade desta unidade pasará a ser servida pola Oficina do Rexistro Xeral, situada no edificio administrativo da Coruña (sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008).

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza