Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de febreiro de 2014 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente sancionador por infracción urbanística IU3/68/2011-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente sancionador por infracción urbanística IU3/68/2011-SA1 ditou, o 29 de xaneiro de 2014, resolución pola que se notifica a apertura dun período de proba no expediente sancionador IU3/68/2011-SA1, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Cortiña do Campo, A Pobra de San Xiao, no termo municipal de Láncara.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a José Antonio Vázquez Pérez, en calidade de promotor das anteditas obras e propietario do terreo onde se levan a cabo as obras, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística