Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14188

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO das bases e da convocatoria do proceso de funcionarización dunha praza de técnico local de emprego.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 43, do 4 de marzo de 2014, aparecen publicadas integramente as bases e a convocatoria que ten por obxecto cubrir unha praza de técnico local de emprego encadrada na escala de Administración especial,
subescala técnica, clase técnico superior e integrada no grupo A2, en execución do proceso de funcionarización de persoal laboral fixo do Concello da Lama, prevista no orzamento municipal para o ano 2013 e incluída na oferta de emprego público deste ano.

As solicitudes presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases (base cuarta), dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos do Concello da Lama (Pontevedra).

A Lama, 5 de marzo de 2014

Jorge Canda Martínez
Alcalde