Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de marzo de 2014 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador coa clave 13-10-14-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9 de agosto).

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG número 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-10-14-01

Policía Local de Sanxenxo

Restaurante O Buraco, S.L.

Rafael Picó, 64,

36970 Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra)

Instalación de terraza sen autorización.

12, 13, 14 e 15.7.2013

Portonovo (Pontevedra)

Artigos 306.1º a) e 306.2º a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

Artigos 58 e 60 da OM do 12.6.1976

Artigos 312 e 314 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

347,58 €