O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Ribeira (A Coruña), en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.
Este documento sométese á información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.
As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5 A-6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, avenida Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará a disposición na páxina web www.portosdegalicia.com, na epígrafe «Planificación portuaria».
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia