Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número PO 4451/2013 interposto por Marcelino Domínguez Torres contra a Orde do 1 de abril 2013, sobre a aprobación da modificación puntual número 2 do PXOM do concello de Sanxenxo (Pontevedra).
Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 10 de marzo de 2014.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas