Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos das especialidades de Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal (590103), Hostalaría e Turismo (590106), Procesos de Produción Agraria (590115), Procesos na Industria Alimentaria (590116), Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos (590117), Procesos Sanitarios (590118), Instalacións e Mantemento de Equipamentos Térmicos e Fluidos (591205), Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219) e Procedementos Sanitarios e Asistenciais (591220), procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na páxina web desta consellería.
En consecuencia, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es), as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal (590103), Hostalaría e Turismo (590106), Procesos de Produción Agraria (590115), Procesos na Industria Alimentaria (590116), Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos (590117), Procesos Sanitarios (590118), Instalacións e Mantemento de Equipamentos Térmicos e Fluídos (591205), Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219) e Procedementos Sanitarios e Asistenciais (591220).
Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos