María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 739/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Abel Rodríguez Aranton contra a empresa Mármoles Jesvel, S.L., sobre despedimento, se ditou resolución en data 20.2.2014, dirixida entre outros á empresa Mármoles Jesvel, S.L., contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Jesvel, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 11 de marzo de 2014
A secretaria xudicial