Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (45/2014).

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 45/2014.

Persoa que se cita: AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, como parte/s executada/s.

Obxecto da citación: asistir nesa condición á comparecencia sinalada coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: sinálase o día 8.4.2014, ás 9.00 horas, para a comparecencia, que se celebrará na sala de audiencia número 3, sita na planta baixa do edificio do xulgados, sito na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Prevencións legais:

1. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberá comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

A secretaria xudicial