Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución do expediente MON-PO-0018/2013-CU.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución do expediente MON-PO-0018/2013-CU.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio ou ben, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: MON-PO-0018/2013-CU.

Interesado: Pablo Fernández Calvo.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 174, 4º CD, A Coruña.