Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14567

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (334/2013).

María del Carmen Sobrado Prado, secretaria xudicial, polo presente fago constar que nesta Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede en Vigo, se tramita recurso de apelación (LACN) 334/2013 (dimanante do ordinario nº 1119/2009, do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo), en que é apelante o demandado Manuel Novas Medín e apelados os demandantes Luis Alonso Antonio e Rita Gómez Vázquez, así como os demandados Jorge Diz Besada, Miguel López Álvarez, Hotel Residencia García Lorca, S.L. e Edicoga, S.L., sobre indemnización por danos e realoxo por responsabilidade extracontractual; autos en que con data do 12 de febreiro de 2014 se ditou sentenza desestimatoria do recurso de apelación, cuxo texto íntegro consta na oficina xudicial desta Sección Sexta, sita en Vigo (Pontevedra), r/ Lalín nº 4, ao dispor das partes.

Contra esta sentenza poderase interpor recurso de casación por interese casacional e, de ser o caso, extraordinario por infracción procesual, dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Para que conste e sirva de notificación a Hotel Residencia García Lorca, S.L. e Edicoga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Vigo, 20 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial