Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo por Resolución do secretario xeral de Universidades do 28 de febreiro).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos, que quedará estruturado segundo consta no anexo.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
60 |
Optativas |
12 |
Traballo fin de máster |
18 |
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.
Materias |
Créditos |
Carácter |
Módulo |
Biocatalise |
4,5 |
Obrigatorio |
Bioprocesos |
Bioenxeñaría |
4,5 |
Obrigatorio |
|
Bioprocesos |
3 |
Obrigatorio |
|
Modelización mediante Fenómenos de Transporte |
3 |
Obrigatorio |
Deseño holístico de procesos |
Análise e Xestión de Riscos Industriais |
3 |
Obrigatorio |
|
Simulación con Métodos Numéricos |
3 |
Obrigatorio |
|
Enerxética Industrial |
3 |
Obrigatorio |
|
Deseño Conceptual de Procesos |
6 |
Obrigatorio |
|
Habilidades Directivas |
4,5 |
Obrigatorio |
Dirección e xestión empresarial |
Xestión Empresarial |
3 |
Obrigatorio |
|
Creación de Empresas |
3 |
Obrigatorio |
|
Dirección de Proxectos de Enxeñaría |
4,5 |
Obrigatorio |
|
Planificación da Investigación |
3 |
Obrigatorio |
Investigación e desenvolvemento |
Tecnoloxías para a Valorización da Biomasa |
3 |
Optativo |
|
Enerxía e Contaminación Atmosférica |
3 |
Optativo |
|
Xestión do Ciclo de Vida de Produtos e Procesos |
3 |
Optativo |
|
Indicadores e Metodoloxías de Sustentabilidade Corporativa |
3 |
Optativo |
|
Reoloxía de Biopolímeros |
3 |
Optativo |
|
Líquidos Iónicos en Procesos Químicos e Bioprocesos |
3 |
Optativo |
|
Modelización Termodinámica e Cinética de Procesos de Secado |
3 |
Optativo |
|
Ecoprocesos para o Tratamento de Augas |
3 |
Optativo |
|
Tecnoloxías Innovadoras para o Tratamento de Efluentes |
3 |
Optativo |
|
Técnicas e Metodoloxías en Laboratorios de I+D |
3 |
Optativo |
|
Prácticas en empresas |
12 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster e prácticas en empresas |
Traballo fin de máster |
18 |
Obrigatorio |