Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble situado na rúa Emilia Pardo Bazán, número 39 de Melide.

Ás 11.30 horas do día 30 de abril de 2014 terá lugar na aula situada no baixo do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia da rúa Pastoriza, nº 8, de Santiago de Compostela, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa pública do lote que a continuación se describe, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda do 14 de marzo de 2014:

Soar sito na rúa Perú de Melide (na actualidade rúa Emilia Pardo Bazán, nº 39), duns 108 m2 aproximadamente, sobre o que hai unha edificación parcial duns 200 m2 aproximadamente. Estrema: ao norte, con máis da súa pertenza; sur, Manuel Carril; leste, en liña de 9 metros, con rúa da súa situación; e oeste, con Manuel Ferreiro. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no folio 6, libro 94, tomo 557, predio 10.085, inscrición 2ª. Referencia catastral: 0821226NH8502S0001HJ.

Tipo de licitación primeira poxa: 22.207,65 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 18.876,50 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 15.545,36 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta do adxudicatario os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/ procedementos-de-licitacion).

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda