De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados pola instrutora dos expedientes sancionadores.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 11 de marzo de 2014
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PES-CO-0065/2013-V.
Denunciado: Elías Álvarez Fernández.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: PES-CO-0066/2013-V.
Denunciado: Juan Iglesias Silva.
Acto de notificación: proposta de resolución.